A nós Razo dounos moito e pensamos que era momento de devolverllo. Os mellores veráns das nosas vidas foron aquí e os paseos máis reconfortantes do inverno tamén. Nós queremos poder contar historias de Razo a través da xente que o vive e a través de souvenirs que estén cargados nostalxia, creatividade e amor por este lugar.
info@cousasderazo.gal
A idea de ‘Cousas de Razo’ chegou a facerse real gracias a ter moitas, moitas conversacións. E non queremos que acaben nunca porque para nós é a mellor forma de medrar. Así que, se queres saber máis sobre o proxecto, se tes unha idea que che gustaría compartir ou materializar con nós… Fálanos!